O Centro de Día de Xinzo de Limia pertence a rede de Centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, abriu as súas portas en setembro de 2010 e conta con 30 prazas públicas.

O centro de día está formado por un equipo interdisciplinar formado por traballadora social, psicóloga, terapeuta ocupacional e equipo xerocultor.

O noso obxetivo é promover a autonomía persoal das persoas usuarias, a actividade relacional e a súa permanencia no contorno habitual o máximo tempo posible, a través dunha atención individualizada e personalizada.

O centro conta con dúas plantas, sendo a planta baixa a principal, onde se realizan a maioría de actividades, e a planta superior conta cunha ampla terraza na que no bo tempo gustan de pasear e disfrutar dun ratiño ao aire libre. Está ubicado na zona centro da vila, con boas comunicacións, pois está cerca do Centro de Saúde, da zona antiga, do campo da feira, do noso Río Limia, por onde as persoas usuarias disfrutan moito dando uns paseos ao aire libre.

O máis representativo da vila ,entre outras cousas, sería por unha banda a agricultura, en especial a Pataca, labor na que os nosos usuarios son expertos , en canto a festas, o noso querido Entroido, festa moi importante para todo o pobo e na que participan e colaboran tódolos anos , en especial creando as olas para o seu “ Oleiro Adaptado”, así como a elaboración de disfraces propios ou decorado da vila.

PRESOAL DO CENTRO

 - Anabel Fiz Jardón (Xerocultora)

- Eva Gómez Jardón (Xerocultora)

- Manuela González Losada (Xerocultora)

- Mª Mercedes Díz Fernández (Xerocultora)

- Mª del Carmen Cid Márquez (Traballadora Social)

- Mª del Carmen Castro Rodríguez (Psicóloga)

- Mª Isabel Sotelo Pazos (Coordinadora do Centro de Día e Traballadora Social)